Inicio Aviso Legal Telf. con Mantemento: (+34) 902 007 524 Telf. sen Mantemento: (+34) 807 317 224

Co obxetivo de estar sempre á vangarda tecnolóxica Pentared ten un área específica de I+D+I que implica a diversos departamentos, universidades e a profesionais da formacións moi diversas cun obxetivo fundamental: a implementación de estratexias que permitan o incremento dos procesos de innovación tecnolóxica mediante a investigación, desenvolvemento e promoción de novedosas solucións técnicas que permitan un incremento nos niveis de adaptación TIC, así como un fomento da cultura científica-tecnolóxica.

PROXECTOS EN CURSO.

  • Enmarcados dentro dos plans Galicia Innovación da Xunta de Galicia, PROFIT a nivel nacional e programas Torres Quevedo.
  • PGIDIT03TIC025E: WiFi - Seguridade en telecomunicacións.
  • PGIDIT04SIN066E: X-apps - desenvolvemento de prototipo de aplicación extendida.
  • PGIDIT05TIC051E: Aplicación de tecnoloxía RFID na xestión da trazabilidade e producción.

Pentared é membro de INES (Iniciativa Española de Software e Servizos), plataforma tecnolóxica española no área de sistemas e servizos software que constitúe unha rede de cooperación científica-tecnolóxica integrada polos axentes tecnolóxicos relevantes do área. Además está considerada unha das 25 empresas galegas incluidas pola fundación Galicia Innova na vixilancia, xestión e execución da innovación e o desenvolvemento.